miércoles, 23 de marzo de 2011

CURSOS DE COCIÑA

A cociña é o lugar máis importante donde se elabora a sustancia humana que circula, respira e transporta a vida. Hoxe en día a alimentación é a mellor inversión en saúde frente o consumismo excesivo que todo o arruina.
Comezaremos o curso cunha charla didáctica que tratará sobre os beneficios e perxuizos duns e doutros alimentos, e logo pasaremos o exercicio práctico.
Os grans enteiros de arroz, mijo, trigo sarraceno e outros cereais biolóxicos acompañados de excelentes verduras, proteínas vexetais como as legumes, seitán, tempeh, tofu e de valiosos específicos como o miso, o tamari, o sésamo, a umeboshi e as algas etc. van a compoñer unha multitude de preparacións exquisitas e reconstituintes.
Logo degustaremos todos xuntos estos platos para observar os efectos dos bos alimentos completos ben preparados, ben combinados e ben masticados.

Nova nutrición, novo organismo!!  O placer de comer acompaña a alegría de construirse, se se mantén este tipo de alimentación asiduamente alcanzarase o bó humor continuo, a alegría e a esbeltez, unha magnífica memoria, reflexos máis vivos e sobre todo.... o cansancio desaparece!!


Para poder asistir ós nosos cursos so teñen que porse en contacto con nós: 620390474 e 
660115779 ou no correo cocinaparalasalud@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario